A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou titorial posterior sobre estes programas.
1.INTRODUCIÓN (2 horas)
Introducción a edición dixital
Cultura libre e Creative Commons
Formatos de imaxe estándar
Conceptos básicos de imaxes e cores
Obter o software de edición de imaxes
Acceso a recursos libres legais
2.PRIMEIROS PASOS (7 horas)
Tarefas básicas de edición
Capturar
Escalar
Comprimir
Recortar
Endereitar
Niveis e cores
Modos de cor
Ollos vermellos
Capas: Manipulación, flotantes, transformación, combinación
3.PINTANDO E SELECCIONANDO (6 horas)
Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
Clonado e reparado
Ferramentas de selección
Resolución de problemas frecuentes
4.TRATAMENTO DA COR, TRANSFORMACIÓNS E FILTROS (5 horas)
Textos
Transformacións: aliñamento e perspectiva
Ferramentas de cor: histogramas e curvas
Máscara de capa
Filtros
Outras aplicacións de tratamento de imaxes
Óscar Fernández Carballo, CIXUG