A avaliación permite valorar o grado de consecución dos obxectivos nun proceso de ensinanza-aprendizaxe. O Campus Virtual conta con mecanismos e ferramentas para avaliar a actividade do estudantado, xa sexa realizada na plataforma virtual como presencialmente. Neste curso ofrecerase unha introdución ao sistema de cualificacións do Campus Virtual e á xestión das cualificacións das distintas actividades co fin de obter dun resultado final. Detallarase unha serie de boas prácticas encamiñadas a reducir as incidencias.
- Introdución ás cualificacións no Campus Virtual.
- Configuración e uso do libro de cualificacións.
- Informes.
- Opcións avanzadas.
Alejandro Nieto