O Campus Virtual permite crear conxuntos de participantes con diversos fins, como a creación e itinerarios de aprendizaxe, a entrega de tarefas en grupo ou o envío de avisos personalizados. A creación de grupos de estudantes permite unha xestión da aula máis flexible e personalizar a docencia ás necesidades de cada un dos grupos. Neste curso ofrecerase unha introdución ao sistema de grupos e revisaranse casos prácticos de uso que se presentan frecuentemente.
- Introdución á xestión de participantes no Campus Virtual
- Creación de grupos e agrupamentos.
- Uso práctico de grupos e agrupamentos.
- Creación de itinerarios de aprendizaxe.