Moodle é un sistema de xestión de cursos que permite crear comunidades de aprendizaxe en liña e complementar a docencia presencial. Neste curso realizarase unha introdución ao Campus Virtual da USC, baseado nesta plataforma. Percorreranse os aspectos máis esenciais de xeito que se adquiran as habilidades necesarias para afrontar a docencia en liña con garantías.
- Introdución ao Campus Virtual.
- Recursos e actividades dispoñibles.
- Axustes e estrutura dunha aula virtual.
- Xestión da comunicación.
- Aspectos básicos das cualificacións.
- Informes de participación.