O Centro de Linguas Modernas da USC oferta cursos intensivos de verán en quince idiomas
Alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés son os idiomas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC ofrece este verán nos seus cursos intensivos. A oferta presentarana en rolda de prensa este venres 25, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova. Xunto a eles estará a profesora de xaponés, Minako Takahashi, que explicará os detalles da semana Cultural de Xapón que terá lugar entre os días 4 e 7 de xuño e dun curso intensivo para a preparación na USC do exame oficial de lingua xaponesa NOKEN, que ata agora só se impartía en Madrid e Barcelona.