Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas da USC oferta cursos intensivos de verán en quince idiomas

Entre eles húngaro, árabe, eslovaco, chinés, grego moderno ou ruso

Alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés son os idiomas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC ofrece este verán nos seus cursos intensivos. A oferta presentarana en rolda de prensa este venres 25, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova. Xunto a eles estará a profesora de xaponés, Minako Takahashi, que explicará os detalles da semana Cultural de Xapón que terá lugar entre os días 4 e 7 de xuño e dun curso intensivo para a preparación na USC do exame oficial de lingua xaponesa NOKEN, que ata agora só se impartía en Madrid e Barcelona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2012.