Pasar al contenido principal

Un mercado solidario na Facultade de Veterinaria de Lugo recada fondos para varias protectoras de animais galegas

A actividade, organizada pola Asociación Estudiantil da Natureza e Defensa Animal, desenvólvese o martes 4 entre as 12.00 e as 20.00 horas

A Asociación Estudantil da Natureza e Defensa Animal (AENDA), con sede na Facultade de Veterinaria, organiza para o martes 4 un mercado solidario co obxectivo de recadar fondos para distintas asociacións protectoras de animais de Galicia.

Os organizadores destacan que esta actividade “é posible grazas á doazón, por parte da Facultade de Veterinaria, de todos os obxectos perdidos e que non foron reclamados ao longo dos últimos anos anos”. Estes obxectos venderanse a un prezo asequible e fixado pola asociación, “co fin de que todos poidan contribuír a cambio de bufandas, gorros, paraugas, estoxos, rotuladores, bolígrafos etc.”.

O mercado estará situado na parte inferior do Aulario de Veterinaria, concretamente debaixo da aula de 5º curso, e estará aberto a todo o público interesado, sexa ou non membro da comunidade universitaria, entre as 12.00 e as 20.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2012.