Pasar al contenido principal

Unha nova promoción do IV Ciclo Universitario celebrou en Fonseca a súa graduación

José M. Mayan Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, presidiu o acto de graduación dos estudantes de IV Ciclo, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca
José M. Mayan Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, presidiu o acto de graduación dos estudantes de IV Ciclo, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca

Os 31 alumnos dunha nova promoción do IV Ciclo Universitario da USC celebrou este venres 13 a súa graduación nun acto no Salón Nobre do Colexio se Fonseca. Presidida polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, na sesión participaron ademais o director do IV Ciclo, Manuel Botana, o padriño da promoción, o profesor José Miñones Trillo, o presidente da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Personas Maiores, Antonio Rodríguez e o director xeral de Acción Social da Xunta de Galicia, Xosé Bieito Seara.
O IV Ciclo é un programa de formación dirixido a alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.
Este ciclo formativo busca, dende o seu comezo en outubro de 1997, a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2008.