Unha nova promoción do IV Ciclo Universitario celebrou en Fonseca a súa graduación

Os 31 alumnos dunha nova promoción do IV Ciclo Universitario da USC celebrou este venres 13 a súa graduación nun acto no Salón Nobre do Colexio se Fonseca. Presidida polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, na sesión participaron ademais o director do IV Ciclo, Manuel Botana, o padriño da promoción, o profesor José Miñones Trillo, o presidente da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Personas Maiores, Antonio Rodríguez e o director xeral de Acción Social da Xunta de Galicia, Xosé Bieito Seara.
O IV Ciclo é un programa de formación dirixido a alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.
Este ciclo formativo busca, dende o seu comezo en outubro de 1997, a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta Universidade.