Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias 'COVID-19: Hoxe é o día despois'

'Tecnoloxías de localización ante a pandemia'

01.06.2020 | 19.00h

Videoconferencia en Zoom

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

Fernando Pérez-González, Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, Víctor Álvarez, CEO de Situm Technologies, e Senén Barro, director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, falarán sobre as tecnoloxías de localización ante a pandemia.

Esta videoconferencia gratuíta e aberta ao público require inscrición previa a través da plataforma Zoom. Podes formalizar a túa aquí

O ciclo de encontros en liña 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2020.