Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Fernando Pérez-González, Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, Víctor Álvarez, CEO de Situm Technologies, e Senén Barro, director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, falarán sobre as tecnoloxías de localización ante a pandemia.
Esta videoconferencia gratuíta e aberta ao público require inscrición previa a través da plataforma Zoom. Podes formalizar a túa aquí.
O ciclo de encontros en liña 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.