Pasar al contenido principal

III Semana da Ciencia do IGFAE

'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia'. Encontro con Alejandro Dolina

12.11.2020 | 20.00h

Videoconferencia en YouTube

O encontro terá un formato completamente virtual

Cartel da III Semana da Ciencia
Cartel da III Semana da Ciencia

O escritor, músico, actor, condutor de radio e televisión arxentino, Alejandro Dolina, participará no quinto diálogo do ciclo 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia' cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do ámbito cultural e artístico.

O encontro será moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein e poderá seguirse en directo nesta ligazón. Esta actividade forma parte da III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.11.2020.