12.11.2020 | 20.00h
O encontro terá un formato completamente virtual

O escritor, músico, actor, condutor de radio e televisión arxentino, Alejandro Dolina, participará no quinto diálogo do ciclo 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia' cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do ámbito cultural e artístico.
O encontro será moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein e poderá seguirse en directo nesta ligazón. Esta actividade forma parte da III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.