Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

As profesoras e investigadoras da USC Luísa Muñoz Abeledo e Rosa Verdugo Matés ofrecerán un adianto do seu traballo de pescuda sobre historia de xénero en Galicia, que leva por título 'A ocupación femenina en Galicia a través dos censos (1870-1930). Unha proposta para a corrección do subrexistro'.
Esta actividade terá formato presencial na aula 13 da Facultade de Historia, pero tamén poderá seguirse en liña por Microsoft Teams a través da seguinte ligazón. Ambas modalidades requiren inscrición previa a través do enderezo histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es).
O evento forma parte do ciclo Seminarios HISTAGRA 2020-2021, organizado por este grupo de investigación da USC.