Ir o contido principal

Ciclo Seminarios HISTAGRA 2020-2021

Conferencia 'A ocupación femenina en Galicia a través dos censos (1870-1930). Unha proposta para a corrección do subrexistro'

26.02.2021 | 12.00h

Aula 13/ Videoconferencia en Microsoft Teams

Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

As profesoras e investigadoras da USC Luísa Muñoz Abeledo e Rosa Verdugo Matés ofrecerán un adianto do seu traballo de pescuda sobre historia de xénero en Galicia, que leva por título 'A ocupación femenina en Galicia a través dos censos (1870-1930). Unha proposta para a corrección do subrexistro'.

Esta actividade terá formato presencial na aula 13 da Facultade de Historia, pero tamén poderá seguirse en liña por Microsoft Teams a través da seguinte ligazón. Ambas modalidades requiren inscrición previa a través do enderezo histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es).

O evento forma parte do ciclo Seminarios HISTAGRA 2020-2021, organizado por este grupo de investigación da USC.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2021.