Pasar al contenido principal

Seminario en liña

Xornada 'IP Perspectives Galicia'

29.04.2021 | 11.00h

En liña

Organiza a USC en colaboración coa firma ABG Intellectual Property, co apoio da AVTE da USC, a Axencia Galega de Innovación e a empresa Nanogap

Cartel do evento
Cartel do evento

A xornada 'IP Perspectives Galicia' aborda a obtención de patentes que permitan a empresas, universidades, centros de investigación e outras organizacións extraer rendibilidade dos seus investimentos en I+D+i e afianzar a súa vantaxe competitiva.

A xornada desenvolverase en liña, e o acceso ao programa detallado e ao correspondente rexistro pode efectuarse premendo nesta ligazón.

Este seminario chega nun momento no que, segundo os datos da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a pesar da pandemia, a propiedade industrial aumentou en Galicia un 17,6% más en 2020 con respecto a 2019. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2021.