Organiza a USC en colaboración coa firma ABG Intellectual Property, co apoio da AVTE da USC, a Axencia Galega de Innovación e a empresa Nanogap

A xornada 'IP Perspectives Galicia' aborda a obtención de patentes que permitan a empresas, universidades, centros de investigación e outras organizacións extraer rendibilidade dos seus investimentos en I+D+i e afianzar a súa vantaxe competitiva.
A xornada desenvolverase en liña, e o acceso ao programa detallado e ao correspondente rexistro pode efectuarse premendo nesta ligazón.
Este seminario chega nun momento no que, segundo os datos da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a pesar da pandemia, a propiedade industrial aumentou en Galicia un 17,6% más en 2020 con respecto a 2019.