Pasar al contenido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

Represenciación de 'O Alemán' a cargo de Diego Anido

01.07.2021 | 21.00h

Salón Teatro

A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe da representación
Imaxe da representación

'O Alemán' é un proxecto de longo percorrido dentro da carreira do creador compostelán Diego Anido. Estreada nunha primeira versión no 2004, preséntase reeditada 17 anos despois, tras xirar por escenarios e festivais de toda España.

A partires da idea do perdón, Anido desenvolve a súa particular linguaxe escénica na que mestura multitude de rexistros actorais e coreográficos cunha técnica depurada e cun sentido do humor intelixente e poético.

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2021.