Evento organizado pola Facultade de Matemáticas da USC e a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais

A inauguración do Campamento Matemático ESTALMAT-Galicia 2021 terá lugar o vindeiro 25 de setembro ás 11.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
No acto intervirá Antonio López, reitor da USC, que cederá a palabra á decana da Facultade e presidenta de ESTALMAT-Galicia, M. Elena Vázquez Cendón; ás docentes do IES Otero Pedrayo de Ourense Emilia González Rodríguez e Rosa Pinal Fariñas; ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia Román Rodríguez; e a Marina Germiñas, secretaria do Comité Organizador de ESTALMAT-Galicia, que fará a presentación dos 30 estudantes da Promoción 2021.
Cada estudante será chamado engadindo o nome e vila do seu centro de estudios, momento no que subirá ao estrado e recibirá o material de Estalmat-Galicia.