Ir o contido principal

Acto institucional

Inauguración e Campamento Matemático ESTALMAT-Galicia 2021

25.09.2021 | 11.00h

Evento organizado pola Facultade de Matemáticas da USC e a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais

Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Foto: Andrés Fraga
Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Foto: Andrés Fraga

A inauguración do Campamento Matemático ESTALMAT-Galicia 2021 terá lugar o vindeiro 25 de setembro ás 11.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

No acto intervirá Antonio López, reitor da USC, que cederá a palabra á decana da Facultade e presidenta de ESTALMAT-Galicia, M. Elena Vázquez Cendón; ás docentes do IES Otero Pedrayo de Ourense Emilia González Rodríguez e Rosa Pinal Fariñas;  ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia Román Rodríguez; e a  Marina Germiñas, secretaria do Comité Organizador de ESTALMAT-Galicia, que fará a presentación dos 30 estudantes da Promoción 2021.

Cada estudante será chamado engadindo o nome e vila do seu centro de estudios, momento no que subirá ao estrado e recibirá o material de Estalmat-Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2021.