Co embaixador de Xapón en España, Kenji Hiramatsu

O martes, día 15 de febreiro ás 12.30 h, o embaixador de Xapón en España, Sr. Kenji Hiramatsu, pronunciará no salón de actos da Faculade de Filosofía a conferencia titulada "Japón y España: desde las relaciones 1.0 hacia 3.0".
O embaixador Hiramatsu é licenciado en Dereito pola Universidade de Kioto e realizou estudos diplomáticos en Salamanca e Madrid. Entre outros cargos, foi viceministro de Política Exterior entre os anos 2012 e 2015 e tivo ao seu cargo o deseño da política exterior do Ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón.
A súa conferencia versará sobre diversos aspectos relacionados coa orientación xeopolítica e económica entre ambos os dous países, nunha achega de gran interese para outros centros da USC que tamén poderán asistir ao acto en liña.
O decano da Facultade de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde, será o encargado de conducir a presentación.