Ir o contido principal

Conferencia

Xapón e España, dende as relacións 1.0 cara 3.0

15.02.2022 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Co embaixador de Xapón en España, Kenji Hiramatsu

Xapón e España, dende as relacións 1.0 cara 3.0
Xapón e España, dende as relacións 1.0 cara 3.0

O martes, día 15 de febreiro ás 12.30 h, o embaixador de Xapón en España, Sr. Kenji Hiramatsu, pronunciará no salón de actos da Faculade de Filosofía a conferencia titulada "Japón y España: desde las relaciones 1.0 hacia 3.0".

O embaixador Hiramatsu é licenciado en Dereito pola Universidade de Kioto e realizou estudos diplomáticos en Salamanca e Madrid. Entre outros cargos, foi viceministro de Política Exterior entre os anos 2012 e 2015 e tivo ao seu cargo o deseño da política exterior do Ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón. 

A súa conferencia versará sobre diversos aspectos relacionados coa orientación xeopolítica e económica entre ambos os dous países, nunha achega de gran interese para outros centros da USC que tamén poderán asistir ao acto en liña.

O decano da Facultade de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde, será o encargado de conducir a presentación. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2022.