Pasar al contenido principal

Teatro

'Facede o favor... pensade'

03.03.2022 | 17.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas do módulo central das Facultades de CC.EE. e Psicoloxía

O grupo teatral As avoas de Laxe presenta unha obra especialmente dirixida a estudantes do Mestrado de Igualdade, Xénero e Educación da USC que nos convida a reflexionar sobre os comportamentos machistas na actualidade

Integrantes do grupo teatral As avoas de Laxe
Integrantes do grupo teatral As avoas de Laxe

Composta por nove pezas en calve de humor, a obra 'Facede o favor... pensade', versa sobre a igualdade de oportunidades, o Efecto Matilda, o homescarranchamento e sobre que o éxito depende do talento, do esforzo e do traballo, mais non do xénero. 

A representación terá lugar as 17h, do xoves 3 de marzo, na sala de Xuntas do módulo central das facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía. 

As avoas de Laxe

Este grupo de avoas, cunha idade media que ronda os 70 anos e liderado por Matilde Montás e Loli Toja, nace como un proxecto sociocomunitario de envellecemento activo co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que o forman. Tras dous anos de pandemia, nos que non puideron compartir a súa arte co público, retoman con forza a xira de representacións desta obra que forma parte das actividades da materia 'Cambio social, Multiculturalismo e Saúde', da que son responsables os profesores Jorge García Marín, Ángeles Piñeiro Antelo e María José Sampedro Vizcaya.

Matilde Montáns e Loli Toja dirixen esta peza que conta cun elenco conformado por Mercedes Novoa,  Matilde Fraguela, José Novoa, Carmen Cousilla, Carmen Lema, Adrián Facal, Matilde Suárez, Mari Carmen Correa, Paula Pose e  Antón Carracedo. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2022.