23.03.2022 | 19.30h
Afundación (rúa do Vilar, 19)
A segunda sesión do ciclo 'Ciencia, Cultura e Relixión' será o mércores 23 de marzo as 19.30 horas na sede de Afundacion (rúa do Vilar, 19).
Carmen Díaz, profesora da Facultade de Medicina da USC, e Carlos Pajares, profesor emérito Facultade Física e ex reitor da mesma universidade, ofrecen un relatorio sobre 'Encontros e Desencontros entre a Ciencia e a Relixión'.
O relatorio irá seguido dun coloquio. A participación é libre ata completar a capacidade da sala.