Ir o contido principal

Ciclo de conferencias

'Ciencia, Cultura e Relixión'

23.03.2022 | 19.30h

Santiago de Compostela
Afundación (rúa do Vilar, 19)

A segunda sesión do ciclo 'Ciencia, Cultura e Relixión' será o mércores 23 de marzo as 19.30 horas na sede de Afundacion (rúa do Vilar, 19).

Carmen Díaz, profesora da Facultade de Medicina da USC, e Carlos Pajares, profesor emérito Facultade Física e ex reitor da mesma universidade, ofrecen un relatorio sobre 'Encontros e Desencontros entre a Ciencia e a Relixión'. 

O relatorio irá seguido dun coloquio. A participación é libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2022.