Pasar al contenido principal

Conferencia

'París-Barcelona-México: Kati Horna e os seus exilios fotográficos'

31.03.2022 | 18.00h

Santiago de Compostela

Impartida polo doutor en Historia da Arte e especialista en fotografía, Michel Otayek, e organizada polo Grupo Histagra

'París-Barcelona-México: Kati Horna e os seus exilios fotográficos'
'París-Barcelona-México: Kati Horna e os seus exilios fotográficos'

O xoves 31 de marzo ás 18 horas,  o Grupo HISTAGRA organiza a conferencia París-Barcelona-México: Kati Horna y sus exilios fotográficos, que será ofrecida polo doutor en Historia da arte e especialista en fotografía Michel Otayek.

A conferencia terá lugar na Aula 12 da Facultade de Xeografía e a asistencia é de balde até completar a capacidade da sala. 

Michel Otayek

Michel  Otayek  é  historiador  de  arte  especializado  en  fotografía  e  cultura impresa  en  Iberoamérica e doutor na Universidad de Nova York (2019). Como investigador do Instituto de  Estudios  Latinoamericanos  da  Freie Universität Berlin,  a  súa  investigación  concéntrase  na  produción  e  circulación  de  imaxes fotográficas,  con  énfase  en  cuestións  de  xénero,  exilio  e transferencia cultural. A súa experiencia como curador inclúe a mostra Told and Untold: The  Photo Stories of Kati Horna in the Illustrated Press (Americas Society, 2016) primeira exposición en USA dedicada á obra da  fotógrafa húngaro‐mexicana Kati Horna. Entre outros proxectos institucionais, ten colaborado como investigador co Museo Reina Sofía na creación dos portais  Repensar Guernica (2017) e Frente y retaguardia: mujeres en la guerra civil (2021). Entre os seus  temas de investigación actual encontrase a participación de fotógrafas europeas en proxectos etnográficos en América Latina durante o século XX. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2022.