Impartida polo doutor en Historia da Arte e especialista en fotografía, Michel Otayek, e organizada polo Grupo Histagra

O xoves 31 de marzo ás 18 horas, o Grupo HISTAGRA organiza a conferencia París-Barcelona-México: Kati Horna y sus exilios fotográficos, que será ofrecida polo doutor en Historia da arte e especialista en fotografía Michel Otayek.
A conferencia terá lugar na Aula 12 da Facultade de Xeografía e a asistencia é de balde até completar a capacidade da sala.
Michel Otayek
Michel Otayek é historiador de arte especializado en fotografía e cultura impresa en Iberoamérica e doutor na Universidad de Nova York (2019). Como investigador do Instituto de Estudios Latinoamericanos da Freie Universität Berlin, a súa investigación concéntrase na produción e circulación de imaxes fotográficas, con énfase en cuestións de xénero, exilio e transferencia cultural. A súa experiencia como curador inclúe a mostra Told and Untold: The Photo Stories of Kati Horna in the Illustrated Press (Americas Society, 2016) primeira exposición en USA dedicada á obra da fotógrafa húngaro‐mexicana Kati Horna. Entre outros proxectos institucionais, ten colaborado como investigador co Museo Reina Sofía na creación dos portais Repensar Guernica (2017) e Frente y retaguardia: mujeres en la guerra civil (2021). Entre os seus temas de investigación actual encontrase a participación de fotógrafas europeas en proxectos etnográficos en América Latina durante o século XX.