Pasar al contenido principal

Ciclo de cinema 'DACH-Kino'

Proxección de 'Vitus'

12.05.2022 | 19.30h

Salón de Actos
Santiago de Compostela

O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

Imaxe promocional do filme 'Vitus'
Imaxe promocional do filme 'Vitus'

O Centro de Linguas Modernas da USC, o​ lect​orado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística. 

Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 12 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza. 

A última das sesións terá lugar o xoves 12 de maio ás 19.30 horas coa proxección de Vitus (Suíza, 2017), dirixida por Fredi Murer. Contará coa presentación de José Manuel Pérez Pena. 

Sinopse

Vitus é un neno que semella doutro planeta: escoita coma un morcego, toca o piano coma un virtuoso e le a enciclopedia aos cinco anos. Os seus pais ven un futuro brillante para o seu fillo. Queren que Vitus sexa pianista. Malia todo, o pequeno xenio prefire xogar no taller do seu excéntrico avó. Soña con voar e cunha infancia normal. Un incidente dramático fará que Vitus tome o control da súa propia vida.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2022.