O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

O Centro de Linguas Modernas da USC, o lectorado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística.
Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 12 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza.
A última das sesións terá lugar o xoves 12 de maio ás 19.30 horas coa proxección de Vitus (Suíza, 2017), dirixida por Fredi Murer. Contará coa presentación de José Manuel Pérez Pena.
Sinopse
Vitus é un neno que semella doutro planeta: escoita coma un morcego, toca o piano coma un virtuoso e le a enciclopedia aos cinco anos. Os seus pais ven un futuro brillante para o seu fillo. Queren que Vitus sexa pianista. Malia todo, o pequeno xenio prefire xogar no taller do seu excéntrico avó. Soña con voar e cunha infancia normal. Un incidente dramático fará que Vitus tome o control da súa propia vida.