Pasar al contenido principal

Ciclo de concertos 'Os sons da pedra'

Concerto do grupo Martín Códax

18.05.2022 | 20.30h-21.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

A vicerreitoría de Estudantes e Cultura, promove este ciclo de cinco concertos co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Grupo Organistrum da USC.

O grupo Martín Códax participa no ciclo 'Os sons da pedra'
O grupo Martín Códax participa no ciclo 'Os sons da pedra'

Do 28 de abril ao 24 de maio, o ciclo Os sons da pedra. O ronsel do Mestre Mateo ofrece 5 concertos que teñen como fío condutor a reconstrución dos instrumentos que o Mestre Mateo esculpiu no Pórtico da Gloria e as derivacións de xéneros e xeográficas que nos deixou o seu ronsel. 

O grupo de música antiga Martín Códax toma parte neste ciclo cun recital no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia o mércores 18 de maio ás 20.30 horas. Dende a súa fundación no ano 1993, Martín Códax participou en numerosos acontecementos musicais en toda a xeografía española, como o Festival de Música Antiga en Palma de Mallorca ou o Festival Intercéltico de Cangas, en congresos nacionais e internacionais, concertos de divulgación da música medieval, feiras medievais e espazos como o Auditorio Nacional de Madrid. A formación está especializada no estudo e interpretación da música escrita dende a Idade Media ata o Renacemento,  e dedica especial atención á composta nos séculos XII, XIII e XIV. Martín Códax confórmano as voces de Ana Sánchez, Paula Corujo e Fernando Olbés, e os instrumentos de  Miguel Ángel López Fariña (organistrum, fídulas); Roberto Santamarina (fídulas); Javier González Abraldes (laúde, arpa); Pedro Fraile (corneto, frautas); Roberto Salga e Andrés Díaz ( frautas, chirimia); Philipp Copin ( zanfonas) e Carlos Castro ( salterio, dulzema, percusión). Todos baixo a dirección de M.A. López Fariña e F. Olbés.

A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. 

Os sons da pedra: simposio e exposición

Este ciclo de concertos vai da man dun simposio homónimo que reunirá en Compostela a numerosos artesáns e luthieres que participaron no proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pórtico desenvolvido a partir de 1989 baixo a dirección de José López Calo e Carlos Villanueva.  Co mecenado da Fundación Barrié, esta iniciativa de recuperación do patrimonio cultural permitiu a construción de 19 réplicas instrumentais que puideron escoitarse no Pórtico da Gloria. Posteriormente, a iniciativa estendeuse á reprodución de instrumentos do Pazo de Xelmírez de Lugo e da catedral de Ourense. 

O simposio e o ciclo de concertos compleméntanse cunha exposición que, baixo o mesmo título, Os sons da pedra, poderá visitarse do 29 de abril ao 28 de maio no Salón do Artesonado do Pazo de Fonseca. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2022.