Pasar al contenido principal

Miriam Elena Cortés López, premio Domingo Fontán de investigación histórica

O reitor, á esquerda de Miriam Elena Cortés López, no acto de entrega. FOTO: Santi Alvite
O reitor, á esquerda de Miriam Elena Cortés López, no acto de entrega. FOTO: Santi Alvite
O galardón no que participa a USC recoñeceu o traballo ‘Socorrer ensinando. A RSEAPS e a recuperación dos libros de literatura artística a través dos inventarios da comisión da amortización (S.XIX)’
Santiago de Compostela

Miriam Elena Cortés López foi distinguida este martes co Premio Domingo Fontán de Investigación Histórica polo seu traballo ‘Socorrer ensinando. A RSEAPS e a recuperación dos libros de literatura artística a través dos inventarios da comisión da amortización (S.XIX)’. A sétima edición deste recoñecemento outorgado pola USC, o Consorcio de Santiago e a Real Sociedade Española de Amigos do País de Santiago (RSEAPS), e que conta co patrocinio da Deputación da Coruña, galardoou a Cortés López cun premio en metálico de 2.000 euros,  alén da publicación do traballo por parte do Consorcio de Santiago.

O acto de entrega estivo presidido polo reitor Antonio López, e nel tamén participaron o responsable de publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde Roa, e o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. O acto serviu tamén para presentar a oitava  convocatoria deste premio ao que se poderán presentar traballos dende o 1 de setembro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023, emitindo o xurado o seu veredicto no mes de decembro do vindeiro ano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.05.2022.