Santiago de Compostela
Promovidos pola Xunta de Galicia coa colaboración das tres universidades galegas, estes encontros ofrecen ao estudantado do SUG oportunidades de formación e networking complementarias ao currículo académico.

O programa Primavera Xove busca xerar espazos para o desenvolvemento habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal.
Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto da man de figuras de relevancia a través de actividades nos Campus da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade.
O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.
Na USC, o último encontro terá lugar o mércores, día 11 de maio , ás 18 horas na praza do Seminario de Estudos Galegos ou no vestíbulo da Facultade de Bioloxía (só en caso de choiva).
Contará coas intervencións de Miguel Vila, xornalista gastronómico e cociñeiro; Áxel Smyth, chef do restaurante Auga e Sal, cunha estrela Michelin; e Alejandro Serrano, o chef máis novo en gañar a estrela Michelin no seu restaurante Alejandro Serrano.
Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva.