Ir o contido principal

Encontros Primavera Xove

Cultura e creatividade

11.05.2022 | 18.00h

Praza do Seminario de Estudos Galegos
Santiago de Compostela

Promovidos pola Xunta de Galicia coa colaboración das tres universidades galegas, estes encontros ofrecen ao estudantado do SUG oportunidades de formación e networking complementarias ao currículo académico.

Cartel do 5º Encontro Primavera Xove
Cartel do 5º Encontro Primavera Xove

O programa Primavera Xove busca xerar espazos para o desenvolvemento habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal. 

Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto da man de figuras de relevancia a través de actividades nos Campus da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. 

O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.

Na USC, o último encontro terá lugar o mércores, día 11 de maio , ás 18 horas na praza do Seminario de Estudos Galegos ou no vestíbulo da Facultade de Bioloxía (só en caso de choiva).

Contará coas intervencións de Miguel Vila, xornalista gastronómico e cociñeiro; Áxel Smyth, chef do restaurante Auga e Sal, cunha estrela Michelin; e Alejandro Serrano, o chef máis novo en gañar a estrela Michelin no seu restaurante Alejandro Serrano.

Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2022.