Pasar al contenido principal

Acto institucional

Graduación da primeira promoción do Grao en Biotecnoloxía

10.06.2022 | 18.00h-19.30h

Santiago de Compostela

O reitor Antonio López presidirá o acto académico

Facultade de Bioloxía da USC. Foto: Santi Alvite
Facultade de Bioloxía da USC. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Bioloxía da USC acollerá o venres 10 de xuño o acto de graduación da primeira promoción do alumnado en Biotecnoloxía. O evento desenvolverase a partir das 18.00 horas na Aula Magna da Facultade.

O reitor Antonio López será o encargado de abrir a cerminonia, que contará tamén coas intervencións do decano da Facultade, Jesús Ángel López Romalde; da madriña e o padriño da promoción, Ana Mª Otero Casal e Carlos Rodríguez Osorio,  e dunha representante de Alumni  USC, Loreto Fernández Fernández. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2022.