10.06.2022 | 18.00h-19.30h
Santiago de Compostela
O reitor Antonio López presidirá o acto académico
A Facultade de Bioloxía da USC acollerá o venres 10 de xuño o acto de graduación da primeira promoción do alumnado en Biotecnoloxía. O evento desenvolverase a partir das 18.00 horas na Aula Magna da Facultade.
O reitor Antonio López será o encargado de abrir a cerminonia, que contará tamén coas intervencións do decano da Facultade, Jesús Ángel López Romalde; da madriña e o padriño da promoción, Ana Mª Otero Casal e Carlos Rodríguez Osorio, e dunha representante de Alumni USC, Loreto Fernández Fernández.