Pasar al contenido principal

Exposición fotográfica

Dez anos en Daca

02.06.2022-22.09.2022 | 12.00h

Primeiro e segundo andar
Santiago de Compostela

O profesor Santiago Fernández Mosquera asina esta exposición fotográfica que retrata a vida cotiá en Bangladesh

Exposición fotográfica 'Dez anos en Daca'
Exposición fotográfica 'Dez anos en Daca'

Inscrita no  programa de exposicións artísticas temporais da Facultade de Filoloxía, a exposición 'Dez anos en Daca', pretende ofrecer unha mostra concreta de Bangladesh a través das súas xentes, dalgúns oficios e de paisaxes afastadas da cidade. En xeral, un retrato dun gran país rebosante de vida. 

A exhibición fotográfica é froito das viaxes que tivo a oportunidade de levar a cabo Santiago Fernández Mosquera, profesor da Facultade de Filoloxía e fotógrafo afeccionado. 

No mesmo contexto artístico, realizou varias exposicións con anterioridade: 'As terras escondidas. The hidden lands' en Arunachal Pradesh (India) e 'Swagatam'. A que agora se abre ao público na Facultade, estivo exposta inicialmente no Colexio de Fonseca, de xuño a setembro de 2021, grazas ao patrocinio da Cátedra Inditex. 

A mostra inaugurarase o día  2 de xuño ás 12.00 e poderase visitar no primeiro e segundo andar da facultade en dúas etapas: a primeira entre o 2 de xuño e o 30 de xullo e a segunda entre o 1 e o 22 de setembro. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2022.