14.06.2022 | 20.30h
Organizados pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano.
O día 14 de xuño serán Marta Balsa (fagot), Cristina Pati (frauta) e Sergio Sánchez (trompa) as e os intérpretes protagonistas dun concerto con obras de Willson Osborne, Carl Maria von Weber, Franz Schubert, Cécile Chaminade, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss.
Comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da USC e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.