Ir o contido principal

A Escola na Cidade 2021-2022

Concertos de Fin do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da EAEM

14.06.2022 | 20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

Organizados pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Cartel do concerto
Cartel do concerto

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da  Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano. 

O día 14 de xuño serán Marta Balsa (fagot), Cristina Pati (frauta) e Sergio Sánchez (trompa) as e os intérpretes protagonistas dun concerto con obras de Willson Osborne, Carl Maria von Weber, Franz Schubert, Cécile Chaminade, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss.

Comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da USC e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2022.