Pasar al contenido principal

Acto académico

Graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Xornalismo

10.06.2022 | 18.00h

O xornalista Fernando González 'Gonzo' e a profesora Marta Rodríguez Castro exercerán de padriño e madriña da promoción

Corredor da Facultade de CC. da Comunicación. FOTO: Andrés Fraga
Corredor da Facultade de CC. da Comunicación. FOTO: Andrés Fraga

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá o venres 10 de xuño o acto de graduación da última promoción do Grao en Xornalismo. 

O evento comezará ás 18.00 horas e será conducido por Gabriel López Rodríguez e María Varela Cacheiro, integrantes do alumnado.  Contará coas intervencións da decana da Facultade, Ana Isabel Rodríguez Vázquez; a vicedecana do centro, Alba Silva Rodríguez; da madriña da promoción, a profesora Marta Rodríguez Castro; e do seu padriño, o xornalista Fernando González 'Gonzo' que, ao non poder acudir ao evento, estará presente a través dun vídeo-discurso dirixido ao alumnado. Completan as intervencións da gala varios membros do alumnado, Pablo Sanmartín Rosende, Pablo Díaz Cuíña e Daniel Portela Otero. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2022.