O xornalista Fernando González 'Gonzo' e a profesora Marta Rodríguez Castro exercerán de padriño e madriña da promoción

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá o venres 10 de xuño o acto de graduación da última promoción do Grao en Xornalismo.
O evento comezará ás 18.00 horas e será conducido por Gabriel López Rodríguez e María Varela Cacheiro, integrantes do alumnado. Contará coas intervencións da decana da Facultade, Ana Isabel Rodríguez Vázquez; a vicedecana do centro, Alba Silva Rodríguez; da madriña da promoción, a profesora Marta Rodríguez Castro; e do seu padriño, o xornalista Fernando González 'Gonzo' que, ao non poder acudir ao evento, estará presente a través dun vídeo-discurso dirixido ao alumnado. Completan as intervencións da gala varios membros do alumnado, Pablo Sanmartín Rosende, Pablo Díaz Cuíña e Daniel Portela Otero.