Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Flores para un touro de lida'

07.07.2022 | 22.00h-23.30h

Santiago de Compostela
Terraza

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica. Festival de artes escénicas da USC
USCénica. Festival de artes escénicas da USC

A compañía Límites (Corpo Colectivo Transfronteirizo) toma parte na programación do USCénica 2022 coa peza Flores para un touro de lida, que chega o xoves 7 de xullo ás 22.00 horas á Terraza do Auditorio da Universidade.

O acceso á función é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes da función. 

Flores para un touro de lida

Flores para un touro de lida é unha performance poético-musical na que varias artistas do colectivo Límites poñen o foco na violencia que se exerce nas relacións de poder. A través da analoxía como mecanismo principal que opera en todas as linguaxes artísticas, o colectivo pretende trasladar ás artes da acción, poéticas e musicais a súa reflexión sobre o carácter intrinsecamente violento das relacións persoais en calquera sistema xerárquico. Ábrese o touril, entramos e, sobre terra pisada, baten en nós ata caermos rendidas. Remata a acción.

Máis información na páxina web de USCénica

'Flores para un touro de lida', de Límites.
'Flores para un touro de lida', de Límites.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.07.2022.