Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'NÓ'

08.07.2022 | 20.30h-21.40h

Santiago de Compostela
Teatro Principal

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica. Festival de artes escénicas da USC
USCénica. Festival de artes escénicas da USC

A Cía. Elahood participa no USCénica 2022 con , unha proposta de danzas urbanas baixo a ollada da creación contemporánea. O pase terá lugar o venres 8 de xullo ás 20.30 horas no Teatro Principal. 

As entradas para esta función teñen un prezo de 3 euros e estarán dispoñibles  no despacho de billetes do teatro dende as 18.30 horas. 

“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é “

Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. 

 convida o público a unha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a de-construción de xénero e a conciencia de clase.

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz.

Onde reside a importancia do importante?

Debemos subirnos a un escenario sempre coa responsabilidade de defender un discurso?

 é un collage que parte da intuición máIs naif de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

 

Máis información na web de USCénica.

'NÓ', da Cía, Elahood
'NÓ', da Cía, Elahood
Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.07.2022.