Promovido polo Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

O luns 17 de outubro bota a andar o ciclo de conferencias 'Destacando na ciencia', unha iniciativa desenvolvida polo Programa Universitario de Maiores de IV Ciclo da USC, que leva á Facultade de Filoloxía catro relatorios especialmente dirixidos ao estudantado do programa.
O propio día 17, Xohana Pintos Barral será a encargada de ofrecer a primeira das conferencias, baixo o título 'Mulleres e ciencia, un achegamento'. Marta Carballo Fidalgo impartirá o segundo relatorio do ciclo, titulado 'A sucesión por causa de morte en Galicia' o martes 18 de outubro. 'A comunicación como ferramenta de análise individual e social' é o tema da terceira conferencia, que pronunciará Xosé A. Neira Cruz o xoves 20 de outubro. Finalmente, Xoan Carmona Badía será o encargado de pechar o ciclo co relatorio " Historia empresarial e patrimonio industrial" o venres 21 do mesmo mes.
Todas as sesións desenvolveranse no Salón de Graos do centro a partir das 11.30 h. O programa completo da actividade está dispoñible nesta ligazón.