Ir o contido principal

Ciclo de Conferencias

Destacando na Ciencia

17.10.2022 | 11.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Promovido polo Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Imaxe do ciclo de conferencias 'Destacando na Ciencia'
Imaxe do ciclo de conferencias 'Destacando na Ciencia'

O luns 17 de outubro bota a andar o ciclo de conferencias 'Destacando na ciencia', unha iniciativa desenvolvida polo  Programa Universitario de Maiores de IV Ciclo da USC, que leva á Facultade de Filoloxía catro relatorios especialmente dirixidos ao estudantado do programa.

O propio día 17,  Xohana Pintos Barral será a encargada de ofrecer a primeira das conferencias, baixo o título 'Mulleres e ciencia, un achegamento'. Marta Carballo Fidalgo impartirá o segundo relatorio do ciclo, titulado 'A sucesión por causa de morte en Galicia' o martes 18 de outubro. 'A comunicación como ferramenta de análise individual e social' é o tema da terceira conferencia, que pronunciará Xosé A. Neira Cruz o xoves 20 de outubro. Finalmente, Xoan Carmona Badía será o encargado de pechar o ciclo co relatorio " Historia empresarial e patrimonio industrial" o venres 21 do mesmo mes. 

Todas as sesións desenvolveranse no Salón de Graos do centro a partir das 11.30 h.  O programa completo da actividade está dispoñible nesta ligazón

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2022.