Pasar al contenido principal

'Como a xenómica ten revolucionado a acuicultura', a cargo de María Saura

2/11/2022 - 11.00 horas

Sala de Xuntas

A científica titular do grupo de investigación Deseño e Xestión de Programas de Selección e Conservación do INIA-CSIC María Saura abordará en Veterinaria sobre a xenómica como elemento transformador da acuicultura

María Saura
María Saura

A científica titular do grupo de investigación Deseño e Xestión de Programas de Selección e Conservación  do INIA-CSIC María Saura Álvarez ofrecerá este mércores, a partir das 11.00 horas, no ciclo organizado na Facultade de Veterinaria sobre aplicacións xenómicas e de biotecnoloxía para mellorar a produción, a xestión e a seguridade de especies de interese económico no sector primario, unha charla sobre como a xenómica ten transformado a acuicultura.

Na súa intervención, esta relatora salientará o potencial da acuicultura para satisfacer as necesidades mundiais de alimento, ao tempo que fará fincapé nos grandes avances acadados nas tecnoloxías de secuenciación de xenomas e de xenotipado masivo.   

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.11.2022.