Sala de Xuntas
A científica titular do grupo de investigación Deseño e Xestión de Programas de Selección e Conservación do INIA-CSIC María Saura abordará en Veterinaria sobre a xenómica como elemento transformador da acuicultura
A científica titular do grupo de investigación Deseño e Xestión de Programas de Selección e Conservación do INIA-CSIC María Saura Álvarez ofrecerá este mércores, a partir das 11.00 horas, no ciclo organizado na Facultade de Veterinaria sobre aplicacións xenómicas e de biotecnoloxía para mellorar a produción, a xestión e a seguridade de especies de interese económico no sector primario, unha charla sobre como a xenómica ten transformado a acuicultura.
Na súa intervención, esta relatora salientará o potencial da acuicultura para satisfacer as necesidades mundiais de alimento, ao tempo que fará fincapé nos grandes avances acadados nas tecnoloxías de secuenciación de xenomas e de xenotipado masivo.