Organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farnacia da USC

Esta iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural (CNL) da Facultade de Farmacia busca ser un punto de encontro para a mocidade investigadora da Facultade de Farmacia e un foro para difundir e pór en común a súa investigación, así como para incentivar a colaboración entre grupos e o uso do galego na Facultade.
A comisión organizadora do encontro está integrada por Francisco Otero Espinar, Emílio Vázquez Lage. Rubén Prieto Díaz, Sandra Mariño Cortegoso e Patricia Vázquez Loureiro.
A edición de 2022 desenvolverase o 20 de outubro das 9.15 ás 14.00 horas no Salón de Graos do centro. Na sesión de apertura, participarán o decano da Facultade de Farmacia, Francisco J. Otero Espinar; a vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores do centro, Reyes Laguna Francia; e o secretario da Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural , Emilio Vázquez Lage O programa detallado dos relatorios do encontro está dispoñible en liña.
