Ir o contido principal

III Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas

20.10.2022 | 09.15h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farnacia da USC

III Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas
III Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas

Esta iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural (CNL) da Facultade de Farmacia busca ser un punto de encontro para a mocidade investigadora da Facultade de Farmacia e un foro para difundir e pór en común a súa investigación, así como para incentivar a colaboración entre grupos e o uso do galego na Facultade.

A comisión organizadora do encontro está integrada por  Francisco Otero Espinar, Emílio Vázquez Lage. Rubén Prieto Díaz, Sandra Mariño Cortegoso e Patricia Vázquez Loureiro. 

A edición de 2022 desenvolverase o 20 de outubro das 9.15 ás 14.00 horas no Salón de Graos do centro. Na sesión de apertura, participarán o decano da Facultade de Farmacia, Francisco J. Otero Espinar; a vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores do centro, Reyes Laguna Francia; e o secretario da Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural , Emilio Vázquez Lage O programa detallado dos relatorios do encontro está dispoñible en liña.

 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2022.