Pasar al contenido principal

Congreso Europeo de Física Nuclear - EuNPC 2022

Do 24 ao 28 de outubro

O programa deste encontro internacional inclúe a entrega do premio Lise Meitner ao profesor Philip Walker da Universidade de Surrey

Cartel do evento
Cartel do evento

Do luns 24 ao venres 28 de outubro de 2022, Compostela vira en sede da quinta edición do Congreso Europeo de Física Nuclear (EuNPC 2022), un encontro organizado de forma conxunta pola División de Física Nuclear da Sociedade Europea de Física, o Grupo especializado de Física Nuclear da Real Sociedade Española de Física e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). 

Seguindo o espírito das anteriores conferencias celebradas en Bochum 2009, Bucarest 2012, Groningen 2015 e Boloña 2018, o EuNPC 2022,  ten como obxectivo revisar e debater estado e perspectivas no campo da física nuclear e as súas aplicacións. A conferencia será un escaparate de desenvolvementos teóricos e experimentais de vangarda, onde o interacción entre investigacións destacadas e conceptos innovadores no campo.

O programa científico do congreso, que se inaugura o luns 24 ás 09.50 horas, inclúe sesións plenarias da man de investigadoras e investigadores de referencia no campo  e sesións paralelas nas que se busca favorecer a participación de novo persoal investigador con presentacións orais e paneis que serán seleccionados en función da súa calidade, importancia e impacto no campo da Física Nuclear. As sesións desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC  e o programa completo pode ser consultado na seguinte ligazón

Entrega do Premio Lise Meitner a Philip Walker

Ao abeiro deste programa, o Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá o luns 24 ás 16.00 horas a entrega do premio Lise Meitner ao profesor da Universidade de Surrey (Reino Unido), Philip Walker. Este galardón outórgase cada dous anos a investigacións destacadas nos campos da ciencia nuclear experimental, teórica ou aplicada. En 2022 distingue as contribucións fundamentais de Walker  á comprensión dos estados nucleares excitados de longa duración "isoméricos" e os factores que determinan as súas vidas medias, que van desde nanosegundos ata anos.

A entrega do premio contará coas intervencións do reitor da USC Antonio López, da presidenta da División de Física Nuclear Alison Bruce; do vicepresidente da Real Sociedade Española de Física Miguel Ángel Sanchís Lozano; e da presidenta do Grupo Especializado en Física Nuclear da Real Sociedade Española de Física, Mª Dolores Cortina Gil. 

Ademais, o congreso incluirá tamén o recoñecemento ás mellores Teses doutorais 2021 en física nuclear experimental, teórica ou aplicada para Giuliano Giacalone, Jonas Karthein e Ágota Koszorús, respectivamente.

Proxecto Meitner: Recordando a Lise Meitner

Entre as actividades paralelas ao congreso destaca a  representación da peza 'Proxecto Meitner: Recordando a Lise Meitner', unha obra de teatro científico creada pola CRIT Companyia de Teatre e promovida polo IGFAE , Hamamatsu Photonics Spain e NPD-EPS, que visibiliza a vida da codescubridora da fisión nuclear. Terá lugar ese mesmo luns ás 21.00 horas no Auditorio Abanca con acceso gratuíto para as persoas participantes participantes na EuNPC2022.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2022.