Pasar al contenido principal

A tenda oficial da USC instálase no casco histórico de Lugo

As persoas que se acheguen a Unitenda poderán acceder ao amplo catálogo de artigos oficiais da institución universitaria que abranguen dende obras editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ata prendas de roupa ou papelería, entre outros. FOTO: AP

Unitenda estrea un novo espazo no Pazo de Montenegro que amplía o seu catálogo de servizos e funcionalidades
Lugo

O Pazo de Montenegro situado en pleno centro do casco histórico lucense acolle dende este venres 23 a sede luguesa da tenda oficial da USC, Unitenda. Deste xeito, este emprazamento de representación institucional emblemático para a cidade de Lugo amplía a súa funcionalidade como dotación cultural onde se programan tamén actividades expositivas, musicais e teatrais, ademais de obradoiros, charlas e conferencias.

As persoas que se acheguen a Unitenda poderán acceder ao amplo catálogo de artigos oficiais da institución universitaria que abranguen dende obras editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ata prendas de roupa ou papelería, entre outros. Ademais, os membros da comunidade universitaria contan cun desconto do 15% na maioría de produtos da tenda, de acordo cos requirimentos establecidos na súa páxina web

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2022.